Os galegos Cornelius 1960 tamén se suman ao cartel do festival que se celebra o vindeiro domingo 5de setembro no Monte do Gozo

Arcade Fire, Echo & The Bunnymen, The Temper Trap e os galegos Cornelius 1960 compoñen o cartel de MTV Galicia, un festival de entrada gratuíta que se celebrará o próximo 5 de setembro no Monte do Gozo de Santiago de Compostela e que forma parte da programación de Xacobeo 2010. O festivalserá emitido dentro do espazo MTV World Stage, que pode verse na maior parte da rede internacional de canles de MTV.

Tras o éxito global dos seus discos anteriores, Neon Bible e Funeral, Arcade Fire regresaron o pasado 3 de agosto coa publicación do seu esperado terceiro disco, The Suburbs. A día de hoxe, están quecendo motores con varios concertos en Europa. De feito, tocarán dúas noites no Madison Square Gardem de Nova York antes de ser cabezas de cartel no festival de Reading. Arcade Fire son coñecidos polas súas inspiradoras actuacións en directo, como as que ofreceron no Primavera Sound e o Summercase en España ou no Festival de Paredes de Coura en Portugal.

Pola súa banda, a banda británica Echo & The Bunnymen naceu en Liverpool no ano 1978. A formación orixinal estaba constituída por Ian McCulloch, Will Sergeant e Les Pattinson acompañados por unha caixa de ritmos. Tras o seu primeiro album, Crocodiles (1980), a caixa de ritmos foi substituída por Pete de Freitas. Heaven up here (1981) logrou acadar o posto número dez na lista dos máis vendidos do Reino Unido e obtivo moi boas críticas. Sucedeu o mesmo con Porcupine (1983). Con todo, o seu gran éxito chegou con Ocean Rain (1984). Deste disco saíron varios singles, entre eles, o seu emblemático tema The Killing Moon, que chegou a formar parte da banda sonora orixinal da película Donnie Darko.

O grupo conta con numerosos discos no mercado: no 1987 lanzan un álbum co mesmo nome da banda; Reverberation saíu no 1990; en 1994 viu a luz Electrafixion; Evergreen en 1997; What Are You Going to Do with Your Life? en 1999; Flowers en 2001 e Siberia en 2005. O seu último álbum, The Fountain, publicouse en 2009.

A banda de Melbourne The Temper Trap sorprendeu en 2009 a todo o mundo musical coa súa canción Sweet Disposition. Medios especializados, blogs, algún concertos e a súa participación na banda sonora da película 500 Días Juntos aumentaron a súa popularidade. Un feito que desembocou no lanzamento do seu disco de debut, chamado Conditions. The Temper Trap regresa agora a España tras a súa actuación no pasado Festival de Benicàssim.

Por último, os galegos Cornelius 1960 levarán a MTV Galicia as súas cancións, que parecen feitas para soñar, cantar a coro ou emocionarse. Nelas vense desde reminiscencias de Oasis ata a frescura soul bailable de Jamiroquai, ou o rock de Strokes. Para o seu primeiro disco contaron con produtores e enxeñeiros que xa traballaron con Madonna, Rihanna, Suede, Van Morrison ou Amy Winehouse.

http://www.xornal.com/artigo/2010/08/24/cultura/echo-and-the-bunnymen-th...

VBEtajHXQuwql

emmakor on Sáb, 11/20/2010 - 08:58

fRMXjIQOPKwk

emmakor on Sáb, 11/20/2010 - 05:30

iQUHyRvIxRcu

openvoid on Vie, 11/05/2010 - 01:53

cshKSpcBiiEcgvq

triphone on Jue, 10/28/2010 - 13:55

txZrdu xafulzgrmkmi, [url=http://tkmfomkziewy.com/]tkmfomkziewy[/url], [link=http://jicwyfefytbr.com/]jicwyfefytbr[/link], http://yuomuimesrpx.com/